FOMOS AO TEATRO

Os alumnos/as de 6º fomos ver a representación teatral: "A CASA DO AVÓ". Esta obra foi representada polo grupo TANXARINA no Auditorio de Narón. A temática era moi actual, un banco (O CAPITAL) quere mercar a casa dun ancián pero este non quere vender. Asústano, exprópianlle a casa e desáuciano. Coa axuda do neto e unha amiga logran parar a expropiación e o avó continúa vivindo na súa casa.
Licencia Creative Commons Licencia Creative Commons